Letras

quarta-feira, 9 de setembro de 2020

Santo Cristo de Fisterre

Santo Cristo de Fisterre
Celso Emilio Ferreiro

Dende que Franco e Falanxe
aferrollaron España
somos un pobo de ilotas
que nos quedamos sin patria.

Miña nai, miña naiciña,
eiquí non podo vivir:
tanto cura e tanto frade,
non teño sitio pra min.

Santo Cristo de Fisterre
santo da barba dourada,
axudádeme a pasar
a negra noite de España.

Cándo chegará o día
de ver libre a nosa patria,
que o vento libre repouse
na porta de cada casa?